O próximo 21 de novembro celebraremos e participaremos outro ano máis, na carreira solidaria SAVE THE CHILDREN.
Os alumn@s de E.Infantil e Primaria realizarán un circuíto no patio do colexio e os da E.S.O farán unha saída ao monte Tahúme: 1º da E.S.O realizará o percorrido a pé, e os de 2º,3º e 4º poderán escoller entre ir a pé ou en bicicleta (uso de casco obrigatorio)
AVISO CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR
Lembramos que o prazo para presentar a candidatura a representante de pai/nai no Consello Escolar, remata o venres 21 ás 11:30.
Os interesados poden facelo cubrindo o formulario disponible en portería e deixandoo alí mesmo.
RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro do 2014 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 20), realizarase próximamente neste centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do prodedemento de elección dos novos membros do consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto o día 5 de novembro ás 15:00 horas, e integrada por:
– O Director ou directora do Centro
– Un representante da titularidade
– Un profesor ou profesora
– Un pai ou nai ou titor legal.
– Un alumno da ESO
– Un representante do PAS.
Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece a Orde do 28 de agosto de 1996 (DOG 26/9/1996), art. 7º. Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 4, martes ás 11:15 horas.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que próximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.
AVISO DÍAS NON LECTIVOS
Lembramos que o vindeiro 31 de outubro (día do ensino) e o 3 de novembro (solicitado polo centro), non serán lectivos.
Renace la alegría… Yo soy Domund!
A pasada semana o Equipo de Pastoral do noso cole, preparou unha serie de actividades moi interesantes e nas que participamos todos os cursos do noso centro: a visualización de varias curtas para sensibilizarnos nesta campaña:
e a realización dun audiovisual para lembrarnos a todos que o DOMUND tamén somos cada un de nós.
Aquí tendes o enlace:
Agardamos que vos guste!
Welcome Miriam!
DÍA DE SAN VICENTE
Comezamos un novo curso, e a primeira gran celebración vímola de festexar o día 29 de setembro.
Os alumn@s de Educación Primaria acudiron o día de San Vicente, fundador das Fillas da Caridade, a unha celebración na capela do colexio. Todos os cursos participaron moi activamente , véndose reflexado o valor que pretendemos traballar: “O sentido crítico”.
REUNIÓNS FAMILIAS-TITORES
A programación das reunións das familias coas titoras na vindeira semana é a seguinte:
LUNS 6 OUTUBRO: 5º E 6º DE ED. PRIMARIA HORA: 18:00
MARTES 7 OUTUBRO: ED. INFANTIL HORA: 19:30
MÉRCORES 8 OUTUBRO: 3º, 4º DE ED. PRIMARIA HORA: 18:00
1º, 2º ESO HORA: 18:30
3º, 4º ESO HORA: 19:00
XOVES 9 OUTUBRO: 1º, 2º DE ED. PRIMARIA HORA: 18:00
NOVAS DE INTERESE
PLATAFORMA EDUCATIVA
Como xa adiantáramos no mes de maio, neste curso 2014-15 poñeremos en funcionamento as comunicacións avanzadas CENTRO-FAMILIAS a través da plataforma educativa EDUCAMOS.
É un servizo educativo voluntario, pero durante este primeiro trimestre poñerémolo en funcionamento de forma gratuita para todas as familias.
No mes de xaneiro cargaremos na conta o importe establecido ( 20€/curso) a aquelas familias que xa o solicitaran no seu momento e tamen ás que demanden este servizo e non o fixeran antes.
Para poñen en funcionamento este servizo precisaremos os e-mails de tódolos pais-nais para poder enviar os datos de acceso. Todo este proceso realizarase no mes de outubro.
AUXILIAR DE CONVERSA NATIVO
Neste mes de outubro vai a comezar a traballar no centro un auxiliar de conversa que acompañará ao profesor titular de lingua estranxeira nunha sesión semanal en tódos os cursos do centro. Nos cursos nos que o Coñecemento do medio se imparte en inglés ( Science) tamen estará presente nesa materia unha vez á semana.
Ademais, na hora extraescolar formará grupos de conversa cos alumnos de 6º de EP ata 4º ESO que soliciten esta actividade, xa que este ano a anterior auxiliar de conversa (Tracey) non estará disponible.
Este servizo supón un custo que a administración non vai sufragar, pero que aínda así consideramos que é de vital importancia. Polo tanto, é fundamental a participación das familias a través dunha aportación en forma de donativo voluntario que xa adiantáramos que sería de 25€/ano.
Confiamos que as familias colaboren con esa aportación ( os resultados da enquisa indican unha aceptación superior ao 90%) para que o centro poida cubrir os gastos deste servizo e así seguir invertindo na mellora do centro.
De forma paralela solicitaremos as axudas para a contratación de auxiliares de conversa publicadas do DOG do 1 de setembro. Se son concedidas e dependendo da cantidade subvencionada, revisaremos a cota no seu momento.
No mes de outubro informaremos do nº de conta para que poidan realizar unha única aportación de 25€ ou de forma fraccionada mensualmente se prefiren.
Sen máis, esperamos que estes novos servizos sirvan e sexan do agrado das familias e nos axuden a mellorar a calidade educativa e a comunicación. Seguiremos informando.