Camiñamos cara a Pascua
O mércores de cinza deu comenzo a Coresma. Corenta días ata Xoves Santo.
En diferentes grupos tivemos unha celebración na capela do colexio.
Os de E.I. e 1º e 2º curso de primaria o luns comezamos a viaxe en bus pola Coresma, na maleta levamos o perdón, o compartir e as grazas, todo para ter unha boa relación cos nosos compañeiros de viaxe. Ademais botáronnos unhas gotiñas de colonia para que cando cheguemos ao destiño, Xesús nos identifique polo bo olor.
O resto de primaria fomos o martes e 1º e 2º da ESO foron o xoves. A estes impuxéronlles a cinza e na viaxe pola Coresma comprometéronse a facer xexún, 
oración, e dar esmola .
Exposición do «Santa Isabel»
Esta semana os cursos de 3º e 4º da ESO visitamos a exposición “Santa Isabel: Emigración, Traxedia e Heroismo” no Auditorio de Ribeira. Da man de Pilar Casas, comisaria da mostra e responsable de Museo Municipal, percorremos toda a historia dende que lle puxeron a quilla ao barco ata as conmemoracións ás mulleres e homes valentes que axudaron aos superviventes.
«El niño Gol» e Ramón García.
O luns 23 de Febreiro empezamos a semana dun xeito moi emocionante! Agardabamos unha visita especial para todos os rapaces e rapazas de 1º e 2º de Primaria. Tivemos a gran sorte de poder escoitar e falar co autor dun dos libros que lemos este ano: El niño Gol.
O autor,Ramón García non ven só, trouxo ao seu axudante durante todos estes anos: Lapicerón. Entre os dous fixéronos pasar unha maña moi divertida onde charlamos e nos contaron contos.

Grazas por vir a visitarnos e por un momento ameno tanto para pequenos coma para maiores!
Visita de Ricardo Gómez a 3º de E.P.
Dentro das actividades do Plan Lector deste curso, recibimos a visita do autor do libro «Los zorros del norte», Ricardo Gómez.
Pasamos unha máñá moi divertida pois falounos da inspiración para escribir esta obra, e de como comezou a ler pola afección que lle transmitiu o seu avó, que lle contaba contos de pequeno.
Para rematar puidemos facerlle unha morea de preguntas e asinounos os libros.
O tempo que pasamos con el non nos chegou a nada!!!
Aviso charla informativa
O vindeiro xoves 26 ás 15:00 horas, terá lugar no salón de actos do colexio unha charla dirixida a todas as familias, coa seguinte temática: Nutrición y calidad.
24 de febreiro #eusonrosalía
Hoxe é o día de Rosalía. Desde o 2º ciclo da ESO queremos formar parte da homenaxe á nosa poeta universal. A raíz da proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega elaboramos o seguinte traballo.
A todos e todas Feliz Día de Rosalía!!!
Animación á lectura
Día do xoguete e da Paz
Día Mundial dos Humedais
O día 2 de Febreiro, o curso de 4º de Educación Primaria fomos invitados a asistir a unha xornada cultural no CIELGA (Centro de Interpretación dos Ecosistemas dos Litorais de Galicia) co gallo da conmemoración do Día Mundial dos Humedais.
No mesmo centro asistimos a unha charla didáctica sobre a importancia dos humedais e aprendemos a recoñecer os diferentes tipos de especies de fauna e flora dos nosos litorais. A continuación ensináronnos tamén distintos tipos de pegadas, cunchas,…. así coma aparellos de pesca de antano ata os nosos días.
Para rematar a xornada, invitáronnos a realizar unha pequena ruta de senderismo ata a praia do Vilar.





























