As abellas
No terceiro trimestre os nenos de infantil quixemos coñecer un pouco mais eses bichiños que nos dan un pouco de medo porque a súa picadura doe moito, AS ABELLAS.
Coa colaboración dos nosos pais e a profe, aprendemos moitas cousas de forma moi divertida, como que se non me movo non me pican, que son moi organizadas e traballadoras, teñen danzas para comunicarse, e o máis importante, que son imprescindibles para os homes e para as plantas.
Todo isto aprendemolo xogando, visualizando documentais, con contos, coa participación dun apicultor (pai dunha nena) que nos proporcionou moito material, con manualidades…
E COA DESPEDIDA DE 4º DE ESO….FELIZ VERÁN!!!
DESPEDIDA DE 4º DE ESO
Todo chega ao seu fin, e despois de 13 anos a xornada prometía ser especial. Os nervios palpábanse no ambiente, e a medida que avanzaba o día a inmediatez dese adeus íase facendo máis visible.
Como marca a tradición, os rapaces de 3º e 4º de ESO comezaron disputando un partido contra profes e pais, onde os alumnos remataron gañando por 6-3. A continuación, todo o alumnado de Secundaria asistiu á entrega de Diplomas dos alumnos de 4º e ó visionado dunha montaxe que resumía a súa traxectoria polo noso centro.
Nel foron deixando mensaxes moi especiais para todo o centro educativo, que dou boa conta de que xunto cos nosos rapaces formamos unha gran FAMILIA.
A xornada continuou cunha comida familiar que nos fixo recordar os bos, e non tan bos momentos xuntos, as anécdotas e tamén a todos aqueles que nos axudaron a recorrer esta etapa. Para rematar, como colexio vicenciano que somos, e en base aos nosos valores, rematamos esta xornada tan especial cunha eucaristía. Nela, tiveron presentes a aquelas persoas que foron esenciais no seu paso polo noso centro, e que souberon ser apoio nos momentos máis difíciles.
MATRÍCULA ALUMNOS NOVOS
Informamos que o vindeiro xoves 25 de xuño ás 16:00 horas, terá lugar a reunión informativa coas familias dos alumnos de novo ingreso para formalizar matrícula para o curso 2015-16.
Aquelas familias que non poidan asistir, pódense poñer en contacto co centro proceder á formalización en outro horario.
Mostra de Teatro
Os nosos rapaces e rapazas de 1º a 4º de E.Primaria participaron na Mostra de Teatro Infantil de Ribeira. Levaron a representación da obra «Tres bruxas na sabana», que foi dirixida por Sor Francisca Varela.
Resultou moi ben, contamos coa colaboración dos profesores do Club Creativo (Paulova e José Caamaño) que deseñaron e elaboraron o decorado. Causou moitas risas a xirafa Rebeca, interpretada por Ángela de 2º de E.P.
Illa de Sálvora 3º E.P.
O día 21 de maio os alumn@s do 3º ciclo de E.P. visitaron a Illa de Sálvora. Alí fixeron unha camiñata pola illa coñecendo a súa historia ,fauna e flora da mesma.
Pola tarde disfrutamos do turismo mariñeiro en Porto do Son. Visitamos o Museo Marea onde nos adentramos no mundo do mar e nas diferentes artes mariñeiras, rematando a nosa visita coas redeiras onde disfrutamos das súas vivenzas e bo facer nesta materia.
Mercadillo Solidario




O próximo luns, 8 de xuño o “ Mercadillo Solidario” abrirá as súas portas para tod@s aqueles que queiran axudar e colaborar no proxecto de desenrolo que temos en marcha en Guinea Ecuatorial dende hai moitos anos.

Grazas á colaboración de tod@s somos capaces de facer a vida un pouco máis sinxela a aqueles que máis o necesitan.
COLABORA!
Saída cultural 1º ciclo de Primaria
O pasado 14 de maio os alumnos do primeiro ciclo da Primaria gozaron dunha xornada no entorno do Parque Natural. Dende a mañá puxeron en practica tódolos seus coñecementos sobre reciclcaxe e a natureza coas diferentes actividades que desenrolaron. Así mesmo tamén coñeceron a diversidade da fauna e da flora que hai neste entorno natural a través do CIELGA. Pero non todo foi aprender, tamén tiveron o seu tempo de lecer onde todos participaron de bo grao.
Mes de maio.
Este ano comezamos o mes de Maio dende as aulas dirixíndonos a María con oracións e cancións ata o 13 de maio, cando E.P celebra na capela a festividade da Nosa Señora de Fátima.
Os alumnos de E.I. foron os primeiros en facer presente a María entre nós, cunha pequena homenaxe a María como nai.
Os encargados de pechar este mes de maio, serán os alumnos da ESO,que recordaran as actividades feitas ao longo deste mes; tendo como protagonista a María, amiga, compañeira e guía cara Deus.
Dentro do mes adicado a María tivo lugar o Triduo da Milagrosa, o cal tivo unha gran afluencia de persoas alleas e da parroquia. Isto amósanos o fervor que ten a advocación da Milagrosa ten entre nós.
AVISO HORARIO XUÑO
O vindeiro luns 1 de xuño, escomezará a xornada única de mañá, polo tanto a hora de entrada será ás 9:00 e a de saída ás 13:50 (os que solicitaron servizo de comedor sairán na hora acordada).
Os usuarios de transporte escolar deberán estar nas paradas 30 min antes do habitual.



































