O venres pasado realizamos a saída de fin de curso a Apípolis. Alí, tivemos a oportunidade de converternos en apicultores e descubrir curiosidades sobre as abellas. Fixemos diferentes obradoiros como a elaboración de galletas de mel, a extracción de mel dos panais ou a creación dunha bela coa cera que fabrican as propias abellas; mais, un dos momentos máis emocionantes foi a visita ao apiario, onde cada un dos nenos e nenas se vestiu co traxe de apicultor.
As risas e o entusiasmo estiveron presentes durante todo o día!
Un complexo mecanismo, perfectamente sincronizado, compón a través dos sistemas o corpo humano.
Ao longo desta situación de aprendizaxe os alumnos de quinto levaron a cabo un proceso de investigación para determinar que elementos do noso entorno poderían representar de forma máis real os principais órganos dos diferentes sistemas.
Aínda que a labor foi ardua, non podemos estar máis que satisfeitos co resultado do noso alumnado.
Aprender tamén pode ser divertido!!😜
Once upon a time… The human being!
A complex mechanism, perfectly syncheonized, makes Up the human body through the systems.
Throughout this learning situation, fifth grade students carried out a research process to determinate which elements of our environment could represent more realistically the main organs of the different systems.
Although the work was hard, we cannot be more than satisfied with the results of our students.
No noso colexio contamos esta semana coa visita de José Luis, Policía Local do concello de Ribeira. Durante a charla, o policía amosou aos máis pequenos de educación primaria, boas prácticas de seguridade vial, dunha forma sinxela e didáctica. Ademais de explicarlles e acercarlles a figura do policía como un profesional dedicado a facelos sentir seguros se necesitan da súa axuda.
Este trimestre estivemos a traballar en 1ºESO no proxecto chamado “Cartas ao futuro”. Adicamos unha tarde a escribirmos cartas que volveremos a ler cando esteamos en 4ºESO. Nelas, amosamos os nosos desexos e as nosas inquedanzas, falamos dos nosos sentimientos, dos amigos, a familia, os profes… tamén imaxinamos que pasará ao longo deste tempo coa ilusión de que os nosos soños se cumpran! Queremos aprender moito, e non perdemos a esperanza de telo conseguido, na escola e na vida.
O alumnado de 1º da ESO traballou o automatismo e a reciclaxe na materia de Tecnoloxía ,fomentando a aprendizaxe práctica a través das iniciativas deste novo proxecto educativo.
Onte os alumnos do 3ºciclo de primaria e 1º da ESO participaron nunha charla sobre as vantaxes e desvantaxes de navegar pola rede así como ferramentas seguras que deben utilizar.
Onte celebrouse o Día do Libro, é unha data moi especial que nos permite conmemorar o falecemento de dous grandes xenios da literatura universal: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
Ao longo de varias clases fóronse levando a cabo distintas actividades co obxectivo de fomentar o pracer pola lectura e despertar no noso alumnado a curiosidade por explorar outros mundos.
Os máis novos do cole elaboraron un marcapáxinas e desfrutaron da lectura do seu libro favorito, aproveitando o bo tempo destes días.
Na etapa de Primaria, realizáronse diferentes actividades que permitiron por en práctica a súa creatividade e expresión.
Foron diseñadores gráficos, creando a decoración dun poema de Juan Ramón Jiménez. Crearon contido elaborando cómics, poemas e minibooks en lingua extranxeira.
Os máis maiores, fixeron un certame literario de poesía, no cal, as mestras de linguas selecionaron as mellores obras, as cales foron galardoadas pola súa calidade e expresión artística.
Cada alumno regalou o seu poema acompañado dunha rosa a outro compañeiro, emulando así a festividade de San Jordi.
Ao finalizar a mañá, tivo lugar un acto conmemorativo, no que puidemos asistir ás obras realizadas polos compañeiros de primaria e secundaria, rematando así outro capítulo máis da nosa andaina por este cole.