GRAZAS FAMILIAS!

Dende o Equipo de Pastoral e en nome de todo o claustro de profesores, queremos expresar o noso agradecemento ao alumnado e ás súas familias polas aportacións na proposta feita dende o Equipo de Pastoral da Provincia: «Xuntos con María».

Para nós é un pracer contar coa vosa presenza para colaborar na tarefa educativa que nos compete en conxunto, fortalecendo e aumentando a confianza mutua que é indispensable na acción formativa.

Desexamos expresarvos a nosa gratitude pola colaboración e cooperación que tiveron nesta actividade e en tantas das actividades que se propoñen dende o colexio. Grazas por crear proxectos orixinais e dar sempre unha resposta positiva. Todo isto fai que o noso alumnado se enriqueza desa participación xenerosa, altruísta e fenomenal das familias. Para ver as creacións dos vos@s fill@s e @ dos nen@ da Provincia España Norte podedes pinchar neste enlace:https://es.padlet.com/EquipoPastoralEN/rvha9x6odyco79mz

FIN REPARTO DE LIBROS CONFINAMENTO

O pasado mércores 22 de abril, rematouse coa entrega de libros e material escolar dos alumnos. Desde o colexio queremos agradecer ao Concello de Ribeira, aos membros do GAEM, e voluntarios de Protección Civil polo laborioso traballo de realizado.

MOITAS GRAZAS!!

Despois da longa tarefa realizada polo profesorado, consistente en xuntar os libros de todos os cursos e clasificalos según as distintas parroquias, os membros do GAEM e voluntarios de Protección Civil, procederon ao seu reparto polas distintas parroquias e concellos.

Os nenos tamén estaban agradecidos.

AVISO MEDIDAS EXTRAORDINARIAS

  • Desde o luns 16, e durante 14 días, o profesorado (de primaria e ESO) irá programando  actividades das súas áreas a través da plataforma EDUCAMOS. Estas actividades estarán dispoñibles na casilla horaria correspondente ou a través do correo asignado á conta de usuario.
  • As actividades propostas serán de repaso, non se avanzará en contidos novos.
  • As familias que non teñen acceso a EDUCAMOS disporán dun acceso temporal no período que dure a suspensión das clases.
  • O centro cargará en conta a metade do custo dos servizos de pago mensual: Comedor e hora extraescolar. Dende ACTIVA tamén nos informan de que no vindeiro mes recalcularán a cota para compensar a suspensión das clases.

AVISO SUSPENSIÓN CLASES

Comunicamos que se suspenden as actividades lectivas desde o vindeiro luns 16/03/20. Mañá, venres, será opcional a asistencia ás clases, pero o recomendable, segundo a información que nos trasladaron desde a Consellería,  é que  as familias non envíen aos alumnos ós centros educativos.

Neste periodo de inactividade escolar, informaremos da data a partires da cal se retomarán as clases, por medio da plataforma educativa e da web.

Co restablecemento da actividade lectiva, procederemos á modificación das datas dos exames da 2ª avaliación e, tamén, das novas sesións de avaliación.

Apelamos a responsabilidade individual polo ben de todos.

O centro seguirá aberto para tarefas administrativas (recollida de documentación de admisión de alumnos, certificados …)

ELAS.

Dende o centro queremos concienciar do papel  que desenvolve a  muller na sociedade de hoxe en día e para iso reunimos a mulleres de  diferentes ámbitos laborais : sector pesqueiro,rama sanitaria e policía local e nacional.
Todas elas amósanse realizadas nos seus traballos que ao mesmo tempo compaxinan co de ama de casa, coidadora, mestra… Escoitamos de primeira man os atrancos cos que se atopan no día a día.

Dende aquí queremos agradecer a todas elas a súa colaboración porque sen “ELAS” non sería posible.