«O Cazador de estrelas»

Unha das tarefas propostas para o alumnado de 3º ESO no Plan Lector deste curso, foi a realización dun lapbook sobre a novela de Ricardo Gómez “O cazador de estrelas”.

Canda o protagonista Bachir, aprendemos valores coma o optimismo e a esperanza. Coñecemos tamén da man do narrador os costumes e tradicións saharauís… o té, a henna, a historia oculta da guerra polo territorio ocupado… A provincia 51.

Logramos comprender que a pesares das dificultades, por riba das nubes, hai un millón de estrelas.

PAPÁ

Na distancia ou no día a día, na terra, no mar ou no ceo. Presentes Sempre.

Por iso os máis pequenos do cole elaboraron un agasallo para entregar no día do Pai a cada un deses heroes que os protexen, guían e serven de exemplo. 

Feliz día do Pai a todos. 

8 DE MARZO

Hoxe é un día especial para todas as mulleres e dende o cole quixemos representar a diversidade en todos os ámbitos laborais. Durante toda a semana os alumnos achegaranse dende as diferentes materias a mulleres que foron un referente para o avance da sociedade.

Os máis pequenos personalizaron este día co marabilloso mundo da ilusiòn , onde as nais se converteron  en verdadeiras fadas e heroínas.

AS PAISAXES- LANDSCAPES

Os alumn@s de 2ºde primaria realizaron un traballo interdisciplinar coas materias de plástica e ciencias sociais.

Intentamos plasmar de forma creativa  elementos presentes na natureza.

Resultou un traballo moi enriquecedor para todos.