RENOVACIÓN ENCERADOS DIXITAIS

As clases de 3º e 4º da ESO renovaron as antigas PDI (Pizarras Dixitais Interactivas) polos modernos paneis interactivos da prestixiosa marca Promethean. Estes gozan de múltiples vantaxes: non dependen de proxectores, teñen conexión propia á rede, sistema operativo ANDROID, resolución 4k UHD…….

Dende o pasado mes de decembro, profesores e alumnos disfrutan das funcionalidades que ofrecen os novos paneis, disminuíndo os tempos de conexión aos recursos educativos e facendo as sesións lectivas máis motivadoras.

A VISITA DE CAMI A 5EI

A saúde é un tema fundamental para ter unha boa calidade de vida, e na escola somos conscientes diso; por iso, é un contido que traballamos a cotiá. Coa intención de afondar, neste caso na hixiene dental, tivemos a visita dunha mamá  odontóloga que ensinou o nome dos dentes e o seu axeitado lavado. Desfrutamos dunha tarde de aprendizaxe en compañía do crocodilo CAMI ao que lle deixamos os dentes relucentes!

UN MUNDO POR DESCUBRIR

Un mundo por descubrir ou  máis ben esquecido por moitos debido ao paso do tempo. Así comezamos o primeiro trimestre os alumnos de 3º da ESO, que asisten as clase de Cultura Clásica. No mes de setembro iniciaron unha viaxe  pola  universo da Antiga Grecia, onde descubriron a súa historia, xeografía, arquitectura e personaxes importantes dun xeito diferente e divertido.

Froito desta longa viaxe os alumnos recrearon algúns monumentos que lles chamou a súa atención: o cabalo de Troia, o faro de Alexandría coloso de Rodas, a Acrópole….

VIAQUA

O venres 16 de decembro os alumn@s de 4º,5º e 6º recibiron unha charla sobre a importancia da auga e o uso responsable.

O obxectivo era invertir en diferentes proxectos  cun capital de partida para aforrar auga a través de actividades sostibles e facendo unha boa xestión  do capital.