CINE NAS EXTRAESCOLARES

Na nosa actividade extraescolar de cine non só vemos filmes ou series:

Debatimos, reflexionamos e analizamos o que vemos, traballando temas como a empatía, as emocións ou a toma de decisións.

Fomentamos o espírito crítico e a expresión persoal, tan importantes nesta etapa da vida.

Cada sesión é unha oportunidade para entender mellor o mundo e a nós mesmos a través das historias que vemos.

E para pechar o curso, celebramos a nosa propia entrega de Óscars, destacando as habilidades, aptitudes e personalidades únicas de cada alumno. Tamén fixemos entrega dun pequeno agasallo a cada un deles, para que leven un recordo especial desta actividade tan significativa.

Se che gusta o cine e queres aprender a mirar máis alá da pantalla… esta é a túa extraescolar!

FRANCÉS ESO

Nas clases de francés da ESO, dar a túa opinión e participar ten recompensa!

Co noso sistema de puntos, o alumnado gaña tickets por implicarse activamente: compartir ideas, facer actividades, atreverse co idioma…

A recompensa? Privilexios dentro da aula: dende un día sen tarefa ata a oportunidade de mellorar unha nota ou cambiar a data dun exame.

E agora, en pleno final de curso, toca recoller o sementado: meses de participación, esforzo e constancia que hoxe teñen o seu recoñecemento.

FERVENZAVENTURA

O venres vivimos a nosa excursión en Fervenzaventura.Foi un día cheo de aprendizaxes e  natureza e sobre todo moita ilusión. Tivemos a ocasión de coñecer e achegarnos  a diferentes animais.A simpática  Pepa non deixou de durmir mentras a visitabamos, a burra Macarena permitiu que a cepilláramos,preparamos o biberón para darlle a Nube e plantamos a nosa propia leituga.Tamén fixemos pan que amasamos con moito agarimo para traer como agasallo as nosas casas.Foi un día moi especial que nos permitiu aprender fóra da aula en contacto coa natureza e a vida rural.

Grazas, pola vosa colaboración e confianza.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

As cantareiras foron homenaxeadas  neste día da mellor maneira posible, celebrando por todo o alto unha gran foliada.
Acercáronos as cantigas máis populares acompañadas polas pandeiretas e cunchas. Ao mesmo tempo foron amosando diferentes obxectos que eran utilizados como instrumentos nas diferentes tarefas.

PICASSO

Os alumnos de 6º de primaria levaron a cabo un proxecto interdisciplinar nas materias de lingua galega e plástica . A lectura de Pablo e as pombas deulles a coñecer os seus primeiros anos na Coruña e como se iniciou no mundo da pintura para logo plasmalo nunha pequena obra cubista xunto co seu retrato cunha boa combinación de cores.