Tras a visita ás Brañas de Valga (Mesía) a coordinadora mandounos como agasallo unha fotografía a modo de recordo da experiencia dese día.
Encantounos! Moitísimas grazas!
Chegamos ao final dun novo curso, e toca facer balance do traballado ao longo de todo este ano.
Botamos unha ollada atrás e presentámosvos algún dos traballos que os nosos nenos foron realizando na actividade de Party Craft.
O noso lapis As boliñas de ganchillo
Agasallo do día da Nai
Estrela de ganchillo Un Minion lapiseiro
PRIMEIRO DÍA:
Despois dunha agotadora viaxe en autobús e de repoñer forzas no hotel, visitamos o Museo do Prado. Alí disfrutamos dos cadros de Velázquez e contemplamos algunha pintura do Greco e de Rubens.
Logo fixemos unha visita panorámica polo Madrid dos Austrias, rematámola cunha camiñata, xa que se xogaba a semifinal da Champions League entre o Manchester City e o Real Madrid e estaba imposible o tráfico. Rematamos ceando no Hard Rock Café.
SEGUNDO DÍA:
Foi a xornada máis esperada estivemos no Parque de Atraccións. Disfrutamos da Tarántula, da casa do terror «Walking Dead», do Simulador de carreiras de coches, da caída libre,…
Ao chegar ao hotel amañámonos e dirixímonos á rúa do teatro vello Alcalá onde disfrutamos do musical SISTER ACT. Estivo sublime, fantástica a posta en escena, espectaculares as voces….
TERCEIRO DÍA:
Erguémonos cun mal día, polo que logo de almorzar dirixímonos a Astorga onde comemos e puidemos ver a Catredral de Santa María e o Palacio Episcopal.
Estivemos de regreso en Oleiros á medianoite.
Os nenos de 5º e 6º de Infantil fomos de excursión de fin de curso a Vigo. Visitamos o porto, onde estaba atracado o gran Cruceiro Queen Victoria, deixounos impresionados polo seu grande tamaño!
Posteriormente visitamos o Zoo, e pasámolo moi divertido vendo os distintos animais.
Foi un dia que recordaremos con moita ledicia.
O vindeiro mércores 1 de xuño, comezará a xornada única de mañá, polo tanto a hora de entrada será ás 9:00 e a de saída ás 13:50 (Os que solicitaron servizo de comedor sairán na hora acordada).
Os usuarios de transporte escolar deberán estar nas paradas 30 min antes do habitual.
A continuación presentamos as datas dos festivais de fin de curso:
|
DATA E HORA
|
LUGAR | PARTICIPAN |
|
VENRES 3 DE XUÑO ás 18:30 horas
|
SALÓN DE ACTOS | – TEATRO (alumnos de diferentes cursos)
– CORO (alumnos dende 3ºP ata 4º ESO) – GUITARRAS (alumnos dende 6ºP ata 4º ESO) |
|
VENRES 10 de xuño ás 18:30 horas
|
PATIO DO COLE | – ALUMNOS DE INFANTIL
– ALUMNOS DE PRIMARIA – COREOGRAFÍAS |
Contamos coa súa presenza e esperamos que disfruten dos festivais. Reciban un cordial sáudo.
O pasado mércores 11 de maio, estivemos cos nosos alumnos de 1º ciclo da Primaria na Casa Grande de Xanceda e na Aula da Natureza de Brañas de Valga, en Mesía.
Os alumnos pasárono xenial visitando aos animais, déronlles de comer e puideron estar en contacto con eles en plena natureza.
Tamén participaron en talleres, como os dos comedeiros de paxaros e as figuras de barro, experimentaron e manipularon diversos alimentos para animais e comprobaron como se fan os iogures que comen habitualmente.
Disfrutaron de moitas actividades ao aire libre e tamén tiveron tempo de lecer. Foi unha experiencia moi gratificante para eles, difícil de olvidar, con moitas cousas para contar. E o seu comportamento foi excelente, GRAZAS RAPACES!
Aquí vos deixamos algunhas imaxes deste día tan especial.
Despois da ponte os alumnos do 1º ciclo da primaria chegaron con moitos folgos, fixeron un pequeno taller para ir de tendas e repasar vocabulario e expresións traballadas na clase co mundo do comercio. Tanto clientes como dependientes mostraron as súas habilidades que serviron para perder o medo a expresarse en público.
Nas clases de Speaking con Stacie os nenos van amosando a súas destrezas en Listening e Speaking dun xeito máis ameno e dinámico, o obxectivo das mesmas é onde renovar, motivar e impulsar a aprendizaxe do idioma Inglés.