PAPÁ

Na distancia ou no día a día, na terra, no mar ou no ceo. Presentes Sempre.

Por iso os máis pequenos do cole elaboraron un agasallo para entregar no día do Pai a cada un deses heroes que os protexen, guían e serven de exemplo. 

Feliz día do Pai a todos. 

8 DE MARZO

Hoxe é un día especial para todas as mulleres e dende o cole quixemos representar a diversidade en todos os ámbitos laborais. Durante toda a semana os alumnos achegaranse dende as diferentes materias a mulleres que foron un referente para o avance da sociedade.

Os máis pequenos personalizaron este día co marabilloso mundo da ilusiòn , onde as nais se converteron  en verdadeiras fadas e heroínas.

AS PAISAXES- LANDSCAPES

Os alumn@s de 2ºde primaria realizaron un traballo interdisciplinar coas materias de plástica e ciencias sociais.

Intentamos plasmar de forma creativa  elementos presentes na natureza.

Resultou un traballo moi enriquecedor para todos.

«ARTENTROIDO»

A creatividade dos alumnos chegou ao mundo da arte neste entroido. Os movementos surrealista, cubista, impresionista… chegaron ás nosas aulas para inundar coas diferentes creacións os corredores do colexio.

Felicitar aos artistas pola gran calidade das súas obras.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.