Os alumn@s de 6º de E.P. participaron nas charlas organizadas por “Renacer” nas que se traballa o coñecemento dun mesmo, as emocións, empatía..
cun resultado moi positivo por parte do alumnado.

Os pequenos do colexio disfrutaron moito xogando na clase de psicomotricidade do venres. Tiveron o seu primeiro contacto co paracaídas, con el traballaron conceptos como arriba-abaixo, rápido-lento, o traballo en equipo…Xa que é moi importante o xogo e a implicación directa dos nenos para lograr a aprendizaxe.
Pasárono xenial !!


O alumnado de 3º da ESO, coa finalidade de coñecer máis de preto as obras artísticas realizadas no continente americano antes da chegada dos europeos, participou dende a materia de Xeografía e Historia nun obradoiro de arte precolombina.

A investigación centrouse, en concreto, na zona de Mesoamérica, berce das culturas maia e azteca, e na dos Andes Centrais, é dicir, Perú e algunhas zonas de Bolivia.
Ao longo da semana pasada os alumnos de 2º de Primaria estivemos iniciámonos no mundo do diñeiro. Repartimos una serie de billetes e moedas de euro para cada alumno cos billetes. Con eles quixemos que os recoñecesen e aprendesen as equivalencias entre eles, así como a combinación entre euros-céntimos e monedas-billetes. Unha das actividades que lles gusta é anotar diferentes cantidades e compoñer cos seus “cartos” as cantidades sinalada. Seguiremos traballando para poder ir de compras e practicalos os pagos e cambios.


