No DOG do pasado 30 de maio publicouse a Orde que regula as axudas para a adquisición de libros de texto para o vindeiro curso.
Máis información no apartado AYUDAS LIBROS desta web
No DOG do pasado 30 de maio publicouse a Orde que regula as axudas para a adquisición de libros de texto para o vindeiro curso.
Máis información no apartado AYUDAS LIBROS desta web
Onte foi unha tarde moi emocionante! Agardabamos unha visita especial todos os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO. Tivemos a gran sorte de poder escoitar a unha das persoas máis activas e relevantes no mundo da lingüística actual: o escritor e profesor Carlos Callón.
De maneira amena e divertida, contounos anécdotas dos seus libros e explicounos as razóns polas que dende hai moito tempo leva traballando a prol dos dereitos lingüísticos dos galego-falantes. Tamén puidemos charlar con el e transmitirlle as nosas inquedanzas e dúbidas sobre o seu traballo, ou a situación e o futuro do galego.
Aínda tivo tempo de asinarnos os exemplares do seu último libro: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.
3º de ESO encargouse de prepararlle unha calorosa benvida, e Óscar Boo e Alberte Fernández de 4º de ESO elaboraron un video que podedes ver na canle de Youtube: Benvida a Carlos Callón.
Moitísimas grazas por vir e compartir connosco unha tarde tan interesante!
Na mañá de onte, o grupo de 4º de ESO fomos de visita cultural a Rianxo. Había tempo que estabamos a agardar por ela, e despois de coñecer a importancia e o valor desta vila mariñeira que temos tan preto,( onde naceron algúns dos máis importantes escritores e intelectuais galegos do s.XX ), non nos defraudou.
Visitamos o Museo do Mar, e alí Kike explicounos como se constrúen as dornas, a evolución no cultivo de mexillón nas bateas ou sistemas de pesca tradicionais.
Despois achegámonos á Casa Museo Manuel Antonio. Foi moi emocionante ver o lugar no que naceu, e como se conservan as súas pertenzas, os manuscritos, fotografías e poemas que estudamos na clase durante o curso. Rebeca contounos moitas anécdotas interesantes da vida do poeta.
Rematamos a visita paseando polas rúas da vila onde viviron Castelao e Rafael Dieste, visitamos a capela da Guadalupe e o Paseo da Ribeira. Antes de voltar, pasamos polo Auditorio, para rematar unha mañá completa cultural e de lecer.
O noso agradecemento ao Concello de Rianxo polo convite, e a Kike e Rebeca pola acollida.
Na vindeira semana informaremos dende o centro sobre aspectos organizativos relevantes de cara o vindeiro curso:
– IMPLANTACIÓN DA PLATAFORMA DIXITAL “EDUCAMOS”
–IMPLEMENTACIÓN PROGRAMA DE AUXILIAR DE CONVERSACIÓN NATIVO
– PROPOSTA NOVO HORARIO CURSO 2014-15
Polo tanto, para que a información chegue a todas as familias, organizaremos reunións ao longo de toda a semana.
A distribución será a seguinte:
– LUNS 12 ás 19:00 horas INFANTIL
– MARTES 13 ás 19:00 horas 1º, 2º, 3º Primaria
– MÉRCORES 14 ás 19:00 horas 4º, 5º, 6º Primaria
– XOVES 15 ás 19:00 horas 1º, 2º, 3º ESO
A temática de cada reunión é a mesma, polo que as familias que teñan máis dun fillo/a poden asistir o día que prefiran.
Debido á importancia dos asuntos a tratar, contamos coa súa asistencia e reciban un cordial saúdo.
Informamos que o vindeiro venres 2 e tamen o 16 de maio 2014 , non serán lectivos, por ser os días solicitados polo Centro no comezo do curso, e autorizados pola Consellería, tal como recolle o calendario escolar do curso 2013-14.
O 23 de abril celebrouse o DÍA DO LIBRO.

4º da ESO foi convidado polo concello no Auditorio Municipal á representación da compañía UT-Tópico Teatro coa súa obra «Antiheroica».
Esta obra é unha peza de creación contemporánea onde se mesturan os xéneros dramáticos: a morte, a herdanza, a soidade e o tempo son algunhas das claves universais e eternas sobre as que se constrúe esta historia.
Ao remate da función, puidemos compartir con actores e directora unha charla para coñecer mellor o seu traballo.
O luns 24 de marzo, todos os alumnos de Secundaria do noso colexio, decidiron saír da rutina e visitar lugares de interese da nos aterra descoñecidos para eles ata o momento.
A pesar do gran madrugón e do día tan chuvioso que tiveron, non faltaron risas, compras e sorpresas.
O primeiro que fixeron foi acudir a ver a representación da obra “Dr. Jekyll e Mr. Hyde”, unha obra chea de misterio, fantasía, medo…, que en ocasións fixo tremer ós asistentes.
Logo, no descanso, desprazámonos ata o centro comercial “As Cancelas” onde puidemos disfrutar dun tempo de lecer e repoñer novas forzas para as actividades da tarde.
Para rematar o día, tomamos rumbo ó Pazo de Oca, onde todos quedaron asombrados con semellantes xardíns e tentaron resolver algunha proba dentro do Laberinto.
Aínda que o tempo non acompañou dende a primeira hora da mañá, todos ou a maioría quedaron satisfeitos co que viran os seus ollos. Ó fin e ó cabo, saír do colexio a coñecer novos lugares non ven nada mal.
Ao igual que en anos anteriores, o Coro do Colexio participou no XXIII Festival da Canción Misioneira, que tivo lugar o sábado 22 de Marzo no Colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras.
Xunto con outros coros da provincia, os nosos alumnos presentaron a súa actuación “Color esperanza” de Diego Torres, que acadou grandes vítores entre os asistentes.
O Concello de Ribeira a través do seu departamento de Servizos Sociais, ofreceunos a posibilidade de participar nunha actividade moi interesante. Así, o grupo de 3º de ESO, puido coñecer aspectos como a realidade social do noso contorno máis próximo, recibir información sobre o papel e as función dos servizos sociais, ou mesmo nos explicaron como previr actitudes ou comportamentos segregacionistas.
A través de xogos coma os globos da diversidade ou as lousas, o pedagogo Santi Páramo axudounos a entender mellor como debe ser unha sociedade xusta construída entre todos.
Rematamos a mañá cun sorriso así de grande, pintado por nós.
Grazas Santi por vir!!!
No apartado de ADMISIÓN DE ALUMNOS está publicada a listaxe definitiva de alumnos admitidos e non admitidos para o curso 2014-2015.