«Cousas» de Castelao

Os rapaces de 3º e 4º de ESO do colexio A Milagrosa   asistiron ó espectáculo teatral e literario de Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia. Este venres  día 17 de febreiro  e no Auditorio Municipal de Ribeira desfrutaron da obra ideada a partir do libro «Cousas» de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.

Cousas (5)

Nesta proposta teatral inténtase ser fiel ao mesmo espírito co que Castelao creou as cousas, eses pequenos relatos que ilustraba cun debuxo. Na esencia da obra está a sociedade galega, o retrato dunha época que está afastada no tempo, pois trasládanos aos anos vinte do século pasado.

Cousas (10)Cousas (8)

A montaxe provoca en moitos momentos o riso, posto que Castelao manexaba coma ninguén a retranca, a comedia, a farsa, pero tamén está moi presente a tristura e a traxedia, sentimentos variados que se desprenden das páxinas da obra e tamén da representación teatral. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego.

Fotografías e video cedidas pola Editorial Galaxia.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.