Os diferentes alumnos e alumnas da ESO fabricaron os seus propios materiais para levar a cabo xogos como o paladós ou o ringo.

Rematamos a Unidade Didáctica “Somos ximnastas” cunha actividade moi especial: a realización de figuras e pequenas pirámides en grupo. A través do traballo cooperativo, o alumnado de 5º curso puxo en práctica o equilibrio, a coordinación, a forza e a confianza nos compañeiros/as. Desfrutando así, da Educación Física dun xeito lúdico e seguro. 💪🤸♀️


Hoy visitó el aula de 6º de infantil la mamá de nuestra compañera Emma y compartió con nosotros el clásico cuento de la “Oruga glotona”. Los niños escucharon atentos y participaron preparando después el menú para la preciosa oruga que Raquel nos regaló.
Gracias mami por la visita y por ayudarnos a continuar manteniendo el entusiasmo por los maravillosos cuentos.


O 27 de novembro celebramos o día da nosa patrona a Virxe Milagrosa e a semana estivo chea de actividades.
As alumnas da ESO foron as encargadas de achegar aos máis pequenos a mensaxe da Medalla Milagrosa.
O alumnado da ESO estivo acompañado por Sara Franco, educadora social da entidade de Cáritas e o seu director Manolo Mirás, con eles puxemos en marcha o noso PODCAST, aprendemos de grandes persoas que traballan para facer un mundo mellor.
O xoves as irmás, profesores e alumnos, celebramos a Eucaristía para por o broche final cos inchables que fixeron as delicias dos máis pequenos.





O alumando de 1º da ESO desprazouse a Ribeira para participar no acto organizado polo CIM para concienciar sobre a importancia de rematar con esta lacra que afecta fundamentalmente as mulleres.

Mentres tanto as tres etapas do centro facían un acto simbòlico no patio do colexio onde os alumnos de 4º de ESO leron un manifesto onde
destacaba a importancia de acabar con certas actitudes que non fan máis que enturbiar a sociedade.
O alumnado de EI e EP encargáronse de elaborar prospostas positivas mentres o alumnado da ESO o facía con actitudes que debemos desbotar.


O 20 de novembro o alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria participou no programa «XOGADE», unha xornada chea de enerxía, compañeirismo e espírito deportivo, na que os nosos corredores dérono todo. O noso cole demostrou que ten corazón, forza e moito espírito deportivo. Volvemos con algunha medalla…
Parabéns a todos!
