
APARELLO DIXESTIVO
A MALETA VIAXEIRA
VISITA A BAROÑA
O noso alumnado de 1° e 2° de primaria gozou dunha xornada chea de historia, natureza e aprendizaxes fascinantes. 🌿🌊
🔹 No Castro de Baroña, exploramos un antigo poboado celta a carón do mar, onde aprendimos como vivían as nosas devanceiras hai máis de 2.000 anos. ¡Sentímonos como verdadeiros castrexos!
🔹 A continuación, visitamos o Museo Marea, onde descubrimos os segredos do mar e os oficios mariñeiros. Do marisqueo á carpintaría de ribeira, foi unha viaxe ao corazón da nosa cultura mariñeira. ⚓🐚
Unha experiencia educativa, divertida e moi especial para seguir aprendendo fóra da aula. 📚💙

CAMPIONATO BALONMÁN
RADIO VOZ
CINE NAS EXTRAESCOLARES
Na nosa actividade extraescolar de cine non só vemos filmes ou series:
Debatimos, reflexionamos e analizamos o que vemos, traballando temas como a empatía, as emocións ou a toma de decisións.
Fomentamos o espírito crítico e a expresión persoal, tan importantes nesta etapa da vida.
Cada sesión é unha oportunidade para entender mellor o mundo e a nós mesmos a través das historias que vemos.
E para pechar o curso, celebramos a nosa propia entrega de Óscars, destacando as habilidades, aptitudes e personalidades únicas de cada alumno. Tamén fixemos entrega dun pequeno agasallo a cada un deles, para que leven un recordo especial desta actividade tan significativa.
Se che gusta o cine e queres aprender a mirar máis alá da pantalla… esta é a túa extraescolar!


FRANCÉS ESO
Nas clases de francés da ESO, dar a túa opinión e participar ten recompensa!
Co noso sistema de puntos, o alumnado gaña tickets por implicarse activamente: compartir ideas, facer actividades, atreverse co idioma…
A recompensa? Privilexios dentro da aula: dende un día sen tarefa ata a oportunidade de mellorar unha nota ou cambiar a data dun exame.
E agora, en pleno final de curso, toca recoller o sementado: meses de participación, esforzo e constancia que hoxe teñen o seu recoñecemento.

PARQUE AVENTURA
ODS 2030
O alumnado de sexto de primaria participan no programa de Radio Voz na sección de Economía Circular quedando en 1º posición. O alumnado conciénciase da importancia de traballar na sostenibilidade do planeta.