EXPRESIÓN CORPORAL EN 5º EP

En quinto curso reforzamos a Unidade Didáctica de Expresión Corporal a través do baile moderno 💃🕺✨
O alumnado desfrutou dunha sesión chea de ritmo, coordinación, creatividade e movemento, empregando o corpo como ferramenta de expresión e comunicación 🎶🤸
Unha experiencia divertida e motivadora para seguir aprendendo a través da danza e da expresión corporal.

VISITA Á GRANXA!

O alumnado de 1º e 2º de Primaria gozou dun día na granxa cheo de aprendizaxe e diversión!
Comezamos elaborando pan, seguindo cada paso do proceso con moita ilusión , despois participamos nunha divertida gincana ao aire libre e, para rematar, fixemos unha visita aos animais, coñecendo de preto a vida no medio rural.
Un día diferente cheo de natureza, aprendizaxes e momentos compartidos.

ILLAS CÍES

Os alumn@s do 3º ciclo de primaria visitaron as Cíes e aprenderon sobre a flora e fauna do lugar a través de dúas andainas guiadas polo persoal da illa.
O obxectivo e concienciar ao alumnado sobre a protección e conservación dos espazos naturais.

ANDAINA

Os alumn@s do 3º ciclo de primaria visitan o Castro de Baroña acompañados  do técnico de cultura do concello do Son para ensinarlles como se vivía nestes lares.

A continuación empezamos a andaina ata a fachada marítima guiados polo técnico de deportes, onde desfrutamos do xogo e o tempo libre.

XOGOS E AVENTURA

Os alumnos de 3° e 4° de primaria desfrutamos dunha xornada en Aventura Dakart Sanxenxo. Durante todo o día, os alumnos demostraron a súa destreza, equilibrio e boas doses de compañerismo, participando en circuítos de altura e tirolinas, minigolf e canoas, entre outras actividades.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.