LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS PRIMARIA

FONDO LIBROS PRIMARIA

Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe definitiva de admitidos no fondo de libros de texto de primaria: 3º,4º,5º e 6º EP. Cada familia recibirá un correo electrónico na plataforma EDUCAMOS, coa información dos  libros asignados. Estes libros serán entregados aos alumnos cando se inicie a xornada lectiva no mes de setembro.

FONDO LIBROS ESO

En setembro publicaranse as listaxes correspondentes ao fondo de libros dos alumnos da ESO xa que o reparto depende das devolucións dos alumnos con materias pendentes.

Según o artigo 13 bis da Orde do 12 de maio, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expe­diente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.