FORMACIÓN DEPARTAMENTO PASTORAL

Os profesores tamén necesitamos formarnos, e a iso adicámonos un pequeno grupo o pasado fin de semana en León na Casa Provincial das Fillas da Caridade. Nesta formación centrámonos na importancia do ser, saber e saber facer, como persoas crentes no Deus de Xesús de Nazaret… ao estilo de San Vicente e Santa Luisa. 

Estes cursos fannos avanzar xuntos e mellorar, persoal e profesionalmente, como educadores vicencianos.