SAÍDA AO TEATRO

Como é habitual o alumnado do 2º e 3º ciclo de primaria, co obxectivo de impulsar a escoita na lingua inglesa,asistiu á obra “ Treasure island” no auditorio de Ribeira. Os alumnos interactuaron e desfrutaron en todo momento durante a interpretación.

APRENDEMOS DEBULLANDO

O alumnado de Infantil participou nunha actividade moi especial: debullar o millo que nos trouxo un dos compañeiros da clase, que vive moi preto do noso colexio. Durante a xornada, gozaron moito coa experiencia, aprenderon sobre este cereal, melloraron a súa motricidade fina e mesmo degustaron produtos elaborados con el.
Despois, o millo regresou á casa de Ángel para, entre outras cousas, alimentar as galiñas.

SAMAÍN

Estes días as clases enchéronse de contos, lendas e moita creatividade relacionando diferentes materias. Os máis pequenos desfrutaron do mundo da maxia e  elementos tenebrosos, mentres os maiores investigaron sobre a orixe desta festa milenaria e  deron  renda solta a súa imaxinación  traballando a narración facendo fincapé na estructura e  elementos da mesma co título “ A Noite Máxica do Samaín”.

O OUTONO

Os nenos de 6º de infantil celebraron a chegada do outono realizando diversas actividades relacionadas con esta bonita estación. Exploramos as  súas cores, , xogamos coas follas, coñecemos e saboreamos as froitas desta época.

Resultou unha xornada moi divertida e enriquecedora.

XOGADE

Este mércores o alumnado de terceiro e cuarto curso participou nunha fantástica xornada de multideporte xunto co colexio CEIP O Grupo no polideportivo A Fieiteira.
Ao longo da mañá desfrutaron de diferentes actividades como fútbol, baloncesto, floorball e brilé.

Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora, na que non faltaron a colaboración, o esforzo, o compañerismo e as risas.

Parabéns a todos e todas pola súa participación e actitude.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.