UNHA TARDE COS AVÓS NA ESCOLA


IMG_0348
Hoxe vivimos una tarde diferente nas nosas aulas. Carmen, Virginia e Juan viñeron visitarnos e contáronnos as súas vivenzas como estudantes, xogos da súa infancia, anédoctas de xuventude…e sobre todo que ,sen  esforzo non se consegue nada.
Puidemos compartir con eles as nosas inquedanzas ,contestaron as nosas preguntas e incluso puidemos escoitar unha canción moi fermosa e emotiva que interpretou un deles.
Agardamos  que pronto se  volva repetir!

SAVE THE CHILDREN

 

IMG_20181204_153726_956

Un ano máis tod@s aunamos forzas para apoiar á ONG coa que levamos máis de doce anos colaborando e aportando o noso gran de area. 

IMG_0270

 

IMG_20181204_155429

Ó longo destes días, estivo presente Siria e a súa problemática. O mundo dos refuxiados e os atrancos para atopar unha vida mellor, para conseguir un futuro que lles permita formarse como persoas. 

IMG_0324 IMG_20181204_154933

IMG_20181204_155209

IMG_20181204_155106_078

Dende a E.I ata a ESO leváronse a cabo diferentes actividades  dentro e fóra das aulas para unha maior sensibilización. 

O  martes 4 de decembro culminaron todas elas coa participación de E.I. nunha carreira de bicicletas, E.P. desenvolveuse por diferentes circuítos e a ESO  cunha andaina ata o monte Tahúme. 

IMG_20181204_150744_559

Contacontos de Nadal en Infantil

Achegámonos ás datas de maior ilusión para os nen@s e aproveitamos para representar un dos contos das xornadas de sensibilización con respecto ó valor da Esperanza :  » Desencanto y Esperanza» .

IMG_20181204_124232

Os nen@s de 6ª  de Primaria brindáronse  a facer un contacontos con monicreques dos personaxes desta obra, resultando unha actividade moi enriquecedora. Os nen@s de Infantil participaron entusiasmados coas súas marionetas feitas na clase.

IMG_20181210_123820

 

Campaña de Nadal

campaña navidad

Con este mes de decembro damos comezo á campaña de recollida de alimentos non perecedoiros e xoguetes para as familias necesitadas.

Dende o luns 10 ata o venres 21 podedes facer feliz a unha familia neste tempo de Nadal. Pregamos que os alimentos que se donen non sexan perecedeiros en datas próximas. Sabedes que estes alimentos recollidos serán entregados a familias da nosa parroquia que teñen necesidade de que os axudemos.

Grazas, de antemán, pola vosa colaboración.

Triduo da Virxe Milagrosa

Como ven sendo tradición, no Colexio celebrouse a semana pasada a festa da Virxe Milagrosa. Como centro das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl quixemos facer as correspondentes celebracións por etapas nas que rezamos e pedimos á  Virxe por todas as necesidades que temos e vemos ao noso redor. Tamén ofrecemos as nosas mostras de amor a María e  recibimos a  Medalla Milagrosa.

IMG-20181202-WA0005

Os actos comezaron o 27 de Novembro, coa festividade da Virxe Milagrosa. Os alumnos de Infantil e o primeiro ciclo de Primaria realizaron unha celebración, na que aos máis pequenos e aos alumnos novos se lles impuxo a Medalla Milagrosa.

IMG-20181202-WA0009

Ao día seguinte os alumnos do segundo e o terceiro ciclo celebraron xuntos o día de Catarina Labouré.

O día 29, os alumnos da ESO recordaron a fundación das Fillas da Caridade e o seu labor cos necesitados alí onde se atopan.

IMG-20181130-WA0006IMG_20181129_123954

A participación dos alumnos foi fantástica e esperamos que a Virxe nos conceda aquelo que lle pedimos con fe.

THANKSGIVING DAY!!

 

O pasado xoves 29 de novembro celebramos no colexio «Thanksgiving day» (Día de Acción de Gracias). Esta celebración está incluída no noso proxecto plurilingüe. Cada curso de Ed. Infantil e o primeiro ciclo da Ed. Primaria realizou diferentes actividades para conmemorar este día. Os alumnos de Infantil fixeron un «Thanksgiving turkey».

IMG_20181121_154333

En Educación Primaria  traballamos un minibook para coñecer as personaxes da historia, as casas onde vivían e os alimentos típicos deste día. Asimesmo no taller de Cociña Creativa tamén fixemos unha homenaxe a este día facendo un pavo e unha cornucopia,como símbolo da festa da colleita e a abundancia.

IMG-20181203-WA0007IMG_20181121_170912

Tanto o alumnado como o profesorado ,xunto con Alex,  vivimos e disfrutamos deste día tan especial.