«¡Que vienen los fantasmas!»

Os nenos e nenas de 3º de Primaria recibimos a visita do leonés David Fernández Sigres, autor do libro «!Que vienen los fantasmas!» pertencente ao Plan Lector.
Contounos as súas vivencias dende neno e qué o motivou a escribir.
7281828 (1)
Fíxonos diferentes dinámicas nas que nos amosou como, nun intre, transformamos unha historia que podería ser real na máis disparatada.
7281832
E para rematar: David tróuxonos unha pantasma!! Bombardeounos a preguntas que ela mesma premiaba con lambetadas deixándonos así un estupendo sabor de boca da súa visita.
Ata outra David!
72818247281822 (1)7281840

«El hombre que abrazaba a los árboles»

No mes de decembro,  levouse a cabo unha conferencia para os alumnos de 5º de Primaria a cargo do escritor Ignacio Sanz, autor do libro «El hombre que abrazaba a los árboles».
Ós rapaces resultoulles moi interesante escoitar as vivencias e inspiracións do autor á hora de escribir o libro.
Participaron con preguntas e inquedanzas sobre o seu labor literario.
Divertíronse e aprenderon con trabalinguas e rimas de tradición oral e quedaron asombrados ante o manexo e fluidez de vocabulario do escritor.
72817727281775

Chega o Nadal

 

 

 

Coma todos os anos, celebramos o concurso de postais de Nadal. Estas son as seleccionadas entre o alumnado de Primaria.

Iria Paz Vila

Iria Paz Vila

 

Nicolás González Paz

Nicolás González Paz

Alexandra Mariño Rama

Alexandra Mariño Rama

Aproveitamos para felicitar a toda a comunidade educativa do colexio A Milagrosa e desexarlles unhas festas cheas de ledicia, paz e esperanza. Que o vindeiro ano 2016 veña cargado de ilusións e boas novas para todos.

Felices festas!

Nadal na cociña

Un ano máis chega o Nadal ao noso colexio. Os pasillos, as clases, todo está adornado con motivos tradicionais. Aproveitamos para vivir intensamente as costumes das nosas familias. Forman parte de nosa cultura e da nosa historia, formamos parte delas. Como non, no taller de Creative Cuisine quisemos facer un guiño a estas festas. Deixando voar a nosa creatividade, obtivemos estes resultados:

?????????????

72744647274467

FESTIVAL NADAL

Achegámoslles os horarios dos distintos festivais, así como o da Eucaristía da familia, que se vai celebrar o vindeiro venres 18 ás 18:00 horas na capela do Colexio. Por suposto, quedan convidados.

Para non ter problemas de aforo, o festival realizarase en dúas datas:

O xoves  17 de decembro, ás 15:30

PRIMARIA (3º, 4º, 5º e 6º) teatro + coro + coreografía

O venres 18 de decembro, ás 16:00

  1. INFANTIL , 1º,2º de PRIMARIA

Aquelas familias que ao rematar o festival do venres, queiran levar aos fillos, deben recollelos nas aulas correspondentes e avisar ás respectivas titoras. Coma sempre, agardamos a súa colaboración.

CARREIRA SOLIDARIA

Levamos doce anos participando na carreira “ Kilómetros de solidariedade ,“ colaborando coa O.N.G. Save The Children para facerlle a vida máis doada aos nen@s que sufren .

Este ano corremos para loitar contra a desnutrición infantil cando no noso país se estraga o 25% do que consumimos.

Dende o centro queremos agradecerlle a toda a comunidade educativa a súa participación e apoio nestes temas , xa que sen o voso apoio isto non sería posible.

ColegioTahume3

Patio Tahume1

AVISO DÍAS NON LECTIVOS

Lembrámoslles que o vindeiro luns 7 de decembro e tamen o 16 de maio de 2016 , non serán lectivos, por ser os días solicitados polo Centro no comezo do curso, e autorizados pola Consellería, tal como recolle o calendario escolar do curso 2015-16.

Campañas de Nadal

 

Un centro educativo actual, comprometido e inmerso na realidade social, debe orientar parte do seu labor educativo á construción dunha sociedade máis xusta.

Este ano, como xa é costume, queremos animarvos a todos a participar en dous proxectos solidarios:

A Flor de Pascua:  mercando una planta aportas a túa axuda a Cáritas. (Sor Rosario leva esta campaña).

A recollida de alimentos:  poderase traer comida no perecedeira como lentellas, arroz, pasta, latas de conservas…para compartir estes alimentos coa xente que máis o necesita.

O periodo  de  recollida de alimentos, coa colaboración de «profesores, alumnos e pais», será desde o 1 de decembro ata o 18 do mesmo mes, desde as nove e media  da mañá ata as  18:00 horas.

Moitas grazas a todos por participar.

Creative Cuisine

7216076

7216074

7216072 7216073

El día de Acción de Gracias es una fiesta que nos recuerda la fiesta de la cosecha, donde la gente daba gracias a Dios por tener comida para pasar el invierno. En el taller de Creative Cuisine quisimos hacer un homenaje a esta celebración anglosajona  que se celebra cada último jueves del mes de noviembre, presentando el ingrediente básico de toda receta de Acción de Gracias de una manera diferente: el pavo.