SAVE THE CHILDREN

Unha tarde de lecer,alegría,deporte e solidariedade inundaron o noso patio e arredores.
Dende a EI cos seus triciclos e patinetes, pasando polas carreiras e circuítos de EP para rematar  cos alumnos da ESO no cume do monte Tahúme ben en bicicleta ben coa ruta de senderismo alzamos as nosas voces contra a guerra na infancia .
A máis sincera e ben merecida felicitación a Uxía e Paula, alumnas de 4º da ESO por ser as primeiras en realizar a ruta en bicicleta.

A empatía, compromiso e movilización dos nosos alumnos conseguirán devolver a esperanza que perderon miles de nenos e nenas que viven en conflito.