Ricardo Gómez e a literatura xuvenil

Na mañá do mércores pasado achegouse ao centro o autor Ricardo Gómez. O alumnado de 3º e 4º de ESO lemos dúas das súas obras no 1º trimestre: «El cazador de estrellas» e «Diario de un campo de barro», ambas ambientadas en campos de refuxiados, a primeira no deserto do Sáhara e a segunda en Kosovo. Moitas grazas por vir.

IMG_1010

«Gracias a la visita de Ricardo Gómez el pasado miércoles pudimos conocer un poco más de cerca las historias contadas en sus libros. Me pareció una persona muy cercana y agradable, además de aportarnos conocimientos sobre sus novelas, como aspectos de la vida de Nushi o Bachir».

Ana Rita Fernández Piñeiro, 3º ESO

IMG_1011IMG_1014

«A visita de Ricardo Gómez, amosounos que a literatura pode ser un método de difusión de certas realidades que aínda que sexan duras, sérvennos para decatarnos das cousas que están a acontecer, como é o caso destes dous libros. O autor, nesta charla amosounos o seu lado máis xusto e motivounos a que comecemos a escribir e a que nunca deixemos de ler».

Yago Estévez Figueiras, 4º ESO