Queredes descubrir Coruña? 

Despois de todo este tempo de pandemia, os nenos e as nenas de 1º e 2º da Educación Primaria estabamos desexando ir de excursión! E que tal se nos imos de visita á cidade da Coruña? E se a iso lle engadimos comer ao pé da Torre de Hércules un súper mega Happy Meal?

Dito e feito! Este venres, día 10 de xuño, visitamos dous dos tres museos científicos de Coruña “A Domus e o Aquarium Finisterrae”.

Na Domus lemos, observamos, manipulamos, escoitamos, xogamos desfrutamos coas diferentes actividades interactivas sobre o ser humano.

Rematamos a visita da mellor maneira posible, mergullándonos nunha sala espectacular, a cal nos ofreceu vivir unha experiencia única, a sala Nautilus. Sumerxida nunha gran piscina, a súa decoración recorda á do gabinete do capitán Nemo a bordo do submarino Nautilus. Ao redor da sala nadan os peixes de maior tamaño do acuario, como os tiburóns, corvinas, xurelos, douradas, lubinas e meros.

Canto aprendemos neste día! Por iso é que as saídas culturais son as actividades favoritas de todos, onde cambiamos a rutina das clases, por actividades distintas e novedosas.