Proxecto «Vicente Fernández»

IMG_3053O noso centro está a colaborar na campaña solidaria de recollida de material escolar dentro do Proxecto «Vicente Fernández», realizada por  SOGAPS (Solidariedade Galega co pobo Saharauí) para enviar nas vindeiras semanas aos colexios dos campos de refuxiados de Tinduf. Todas aquelas familias que desexen aportar a súa axuda, poden facelo ata final de curso, momento no que se remitirá á asociación para o seu envío.

Moitas grazas pola súa participación!