Excursión a Padrón

Os alumn@s  de 5º e 6º de Primaria  o 5 de febreiro desfrutaron dunha saída cultural a Padrón  onde realizaron diferentes actividades.

543c4cfe-6b56-4465-a849-ac1f7322accd

Visitaron a Casa Museo de Rosalía de Castro e a Fundación Camilo José Cela, onde un guía lles explicou a vida e obra a grandes rasgos destes dous escritores galegos.

233175c7-93aa-4a66-acb6-cb8fdb0dd3b5IMG_1574

Pola tarde estiveron en “Galipark” onde puideron desfrutar da natureza  cunha agradable comida cos compañeir@s e posteriormente leváronse a cabo diferentes actividades de escalada, sempre guiados por monitores.

IMG_1503IMG_1501

IMG_1499IMG_1487

Os rapaces e as mestras que os acompañaron  viñeron moi contentos e satisfeitos pola boa actitude e aproveitamento tanto da actividade cultural coma lúdica.