Concurso Infantil de Pintura

O pasado mercores recibíamos no colexio unha chamada especial: Iria Paz Vila era a gañadora do concurso de debuxo do Nadal convocado polo concello. O seu debuxo, » O camiño de Belén «, foi o escollido  entre os 400 presentados a concurso aberto a escolares de Infantil e Primaria de todo o concello de Ribeira.
O debuxo de Iria ilustrará a cartelería de Nadal no noso concello. Recibiu o premio de mans da concelleira de Educación e Cultura, Herminia Pouso.  Como agasallo,  un patinete e un lote de libros para a biblioteca do colexio.

unnamedunnamed (1)

Noraboa Iria!