Celebramos as Letras

Onte foi 17 de maio, día das Letras Galegas.

IMG-20160516-WA0000

Antes de marchar,o venres,  os rapaces de 4º de ESO quixeron darlles unha sorpresa aos pequenos de 2 de E.P. achegándose á súa aula con poemas de Manuel María e uns globos de agasallo. Recitamos fragmentos de Os soños na gaiola e cantamos todos xuntos «O cuco».

IMG-20160515-WA0005IMG-20160515-WA0000

 

Todos xuntos, coa poesía e a música para achegarnos un pouquiño máis á obra do poeta da Terra Chá.