Dende principios do mes de febreiro o centro ten instalada unha estación meteorolóxica BRESSER formada por un sensor multifuncional e por unha estación base. Nesta, pódense consultar os seguintes datos: Dirección do vento, velocidade, temperatura, humidade, precipitacións, nivel raios UV e intensidade da luz. Os estudiantes teñen a oportunidade de participar na recopilación e análise de datos e incluso facer as súas propias prediccións. Ánimo!!
Autor: Administrador
A CONVIVENCIA DEPENDE DE TI
Os alumn@s de 4º,5º e 6º participaron na charla sobre o acoso escolar e a utilización das redes sociais, impartida pola policía nacional encargada destes temas. O obxectivo é a prevención e a concienciación do alumnado sobre o dano que se pode causar e os perigos que se poden correr .
INICIÁMONOS NO PALADÓS (4º ESO)
Nesta unidade fabricamos as nosas propias pas de paladós, un deporte de cancha dividida semellante ao tenis pero que empregamos coma implemento unhas pas redondas nas mans suxeitadas por unha goma. Logo da etapa de familiarización comezaremos cos partidos coma práctica real.
ENTROIDO 2024
TALLER CIBERSEGURIDADE
RADIO VOZ
MÚSICA ACTIVA
CARREIRA CAMPO A TRAVÉS “VII MEMORIAL VICENTE R. FERNÁNDEZ GARCÍA”
O pasado xoves 25 de xaneiro o alumnado dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º participaron na carreira de campo a través “VII Memorial Vicente R. Fernández García” no estadio municipal Ana Peleteiro (A Fieiteira), alí xuntámonos con máis de 900 nenos e nenas doutros colexios para desfrutar dunha gran xornada de deporte ao aire libre facendo diferentes recorridos por dentro do estadio e tamén no monte ao lado do mesmo.
Aínda que o importante é participar e pasalo ben os seguintes nenos e nenas clasificáronse para participar no campionato intercomarcal de campo a través, que se celebrará o próximo 23 de febreiro en Noia.
3º EP: Adrián Salgado Pouso
4º e 5º EP: Breixo López Millares, Asier Teira Lorenzo, Nicolás Millán Sampedro e Juan Pardavila González.
6º EP: Ana Rodríguez Bretal, Ezequiel Martínez Hermo e Iker Mariño Santamaría.
NORABOA A TOD@S E MOITA SORTE PARA A SEGUINTE PROBA!