Día da Milagrosa

Ao longo de tres días celebramos as Festas da Familia Vicenciana, a Virxe Milagrosa, Catarina Labouré e a Fundación das Fillas da Caridade. Por este motivo, reunímonos na capela celebrando varias Eucaristías cos alumnos da ESO, 4º ,5º e 6º da primaria.

En tódalas Eucaristías celebradas fíxose fincapé na importancia do regalo da medalla que nos regala María, e os alumnos pedíronlle a María, que nos dea a luz que precisamos para guialas nosas vidas.

O xoves 26 e o venres 27 de novembro, os cursos de infantil e de 1º a 4º da primaria, tivemos as celebracións pola festa da Virxe Milagrosa. Foron celebracións sinxelas, alegres e participativas. Foron encontros emotivos, xa que levaban tempo sen ir a capela xunto coas súas titoras.

Para os máis pequenos, 3 anos, foi toda unha novidade, xa que era a primeira vez que se acercaban á capela.

Con todas estas celebracións e eucaristías, honramos á nosa patroa e agradecémoslle que deixe deslizar sobre nós e o noso colexio os seus raios coas gracias solicitadas.