Cesta solidaria!!!

IMG_20190607_154256

Xa temos no colexio a Cesta Solidaria de Fin de Curso!!! Este ano  ten moitos agasallos: xogos, un balón de fútbol, queixo, marmelada, viño, chuches… Se queres participar, achégate a portería. Precisas 1€, elixes un número e anotas o nome d@ alumn@ e o seu curso. O sorteo terá lugar o día do Festival de Fin de curso. Os fondos recadados irán destinados aos proxectos misioneiros das Fillas da Caridade.

Non  quedes sen participar!

IMG_20190607_154310

Maio, mes de María

IMG_6077

O pasado venres, último día de maio, tivemos a celebración de peche de maio, como mes adicado a María. Xuntámonos todos os cursos de educación primaria para renderlle unha  bonita homenaxe como nai, mestra e amiga nosa.

IMG_6073IMG_6070

Luís Seoane

Neste terceiro trimestre os alumnos de 6º de EP asistiron a unha exposición do pintor onde aprenderon  diferentes aspectos da súa vida e obra.
Na clase de plástica traballaron  a técnica do «collage» nos grupos de cooperativo.

FullSizeRender