A arte do Nadal

Un ano máis, os nosos pequenos artistas puxeron toda a súa creatividade, esforzo e ilusión no concurso de postais de Nadal.  Aquí vos deixamos unha mostra das seleccionadas en Primaria. Parabéns e un millón de grazas a todos por participar!

img_3606

Laura Orellán Escudero 1º EP

img_3607

Noela Torres Ayaso  3º EP

img_3605

Xerardo Tarrío Ageitos 5º EP

EU SEI QUEN SON

Os rapaces e rapazas de terceiro e cuarto da ESO visitamos a exposición da sala Lustres Rivas adicada a Cervantes.
Nela desfrutamos dos gravados que Dalí fixo sobre O Quixote e das láminas de diferentes autores galegos sobre o mesmo tema, entre eles Laxeiro, Sucasas e Alfonso Costa.
img_0708
img_0707

Campo a través

O pasado día 2 de decembro, realizouse no complexo deportivo de A Fieiteira a carreira de campo a través “II Memorial Vicente Fernández” onde os nenos e nenas do noso colexio, dende terceiro ata sexto de primaria, pasaron unha xornada deportiva apaixoante participando con alumnado de outros colexios da zona, onde o máis destacable foi o gran ambiente vivido nesta festa do deporte.

jjkk

Virxe Milagrosa

 

img-20161124-wa0002

O pasado 27 de novembro celebrouse a Virxe Milagrosa, ela foi quen nos convocou  na capela.

Nunha sinxela celebración recordamos a Historia da Medalla. Comezamos, como xa é costume,  coa Imposición da Medalla Milagrosa aos nenos de 4º de infantil e aos novos nenos chegados este ano.  Tamén tivemos importantes momentos cargados de significado como foi a lectura da Palabra, as cancións e a petición das grazas.

img-20161130-wa0001img-20161130-wa0002

Todos disfrutamos e lembramos estes acontecementos tan importantes e cargados de significado para cada un de nós… Estamos seguros que a mensaxe da Medalla seguirá sendo transmitida de xeración en xeración.

AVISO DÍAS NON LECTIVOS

Lembrámoslles que o vindeiro venres 9 de decembro e tamen o 2 de maio de 2017 , non serán lectivos, por ser os días solicitados polo Centro no comezo do curso, e autorizados pola Consellería, tal como recolle o calendario escolar do curso 2016-17.